martes, 5 de julio de 2016

Últimos días para participación de los puestos

Normas de participación de puestos. Ver aquí

Inscripción online de puestos.
 

As palilladas

As palilladas eran xuntazas para que as palilleiras sufragaran a escote a pedra de carburo que alumeaba o sobrado e o mesmo tempo co "rexubeo" evitaban sacabanse o sono unhas a outras. Para elo tamen se cantaba, e moito, dende cantigas populares ata cantigas propias das palilladas que lembran a dura profesión da palilleira e a súa relación co sexo masculino. Unha gran diversión para un traballo intenso.

O venres e domingo as 18:00 horas lembraremos, eses momentos musicais, contamos coas propias protagonistas desas palilladas, encargarase deste recuperación a Asociación de Amas de Casa de Camariñas. Aí van algunhas delas:



Cantade nenas, cantade,
¿Por qué non cantades todas?
As nenas de Camariñas
son todas palilladoras.

Cantade nenas, cantade
¿Por qué non cantades todas?
Unhas porque tendes garbo,
outras porque son señoras.


Gracias a vos miña nai
por poñerme a palilleira,
ven a choiva e non me molla
ven o sol e non me queima.

Palillar, meus palilliños,
si queredes palillar,
que os rapaciños de agora
nin ganan para fumar.






A Comparsa do Nil

Dentro da nosa tradición músical en Camariñas as comparsas durante o entroido percorrían as palilladas. No entroido é tradicional narrar os feitos acontecidos durante o ano. No ano 1928 a comparsa "Os piratas do Nil" visitou as palilladas da comarca. O gran acontecemento nesas datas foi o embarrancamento do Nil en Arou no nadal de 1927.

O venres 15 e o domingo 17 de xullo, voltaran de novo a percorrer as rúas de Camariñas, cunha recuperación da música e vestiario orixinal, da man de "os panchos do Jolfendro".





Música de Taberna

O venres e domingo recuperamos a nosa tradición músical, as cancións que soaban nas tabernas dos pobos mariñeiros. Sons con esencia de salitre e nordesía. Nada mellor que "os panchos do jofendro", grupo de Camariñas.



Talla de madeira con motoserra

O venres pola tarde contaremos cun artista da madeira, que emprega como ferramenta de traballo: as motoserras. O longo da tarde creará unha escultura que ten relación con Camariñas.

Malabarista


O día do Carme na tarde noite o paseo marítimo alumeara cos malabares de fogo de Guillermo





CETRERÍA

Poderemos desfrutar das aves rapaces a cada instante nun recinto habilitado dentro da feira. Ademáis cada día contemplaremos dúas exhibición das aves rapaces no seu proceso de caza.